Arquivo da etiqueta: CD Conxo

Saber perder….

Tocou un fin de semana de derrota en derrota. Efectivamente, este fin de semana de partidos, a todos os que me tocou ir por compromisos paternais, e por simple interés de afeccionado, tocume perder en todos…e non pasa nada.

DSCF0266 DSCF0271 DSCF0284DSCF0294

En Lalin, na categoria de Infantiles de Galega, a E.F. Lalin enfrentouse ao C. D. Conxo. Cun bo inicio de partido por parte do Lalín, onde conseguiron trazar boas xogadas, pouco a pouco, foise impoñendo, por poderio físico e calidade técnica os do Conxo. Resultado final de 0-4 a favor do equipo “picholeiro”, que se presume que será dos equipos da parte alta da táboa ao final de liga. E, pola outra banda, o Lalin, que pouco a pouco, dende o inicio da liga, van mostrando progresos significativos, no aspecto técnico e táctico, pero cunha importante carencia física, polas características dos seus xogadores, que son moitos de primeiro ano, pequenos en estatura e en fase evidente de desarrollo físico, pero que contan cunha boa calidade técnica individual, sen experiencia nesta difícil categoria, parece que a súa meta será pelexar por non descender de categoria.

DSCF0348DSCF0346DSCF0341DSCF0331

No campo do Sergas, enfrentouse a S. D. Compostela ao Calasanz C. F. da categoria Cadete de Galega. O compostela, equipo ainda sen facer, onde a totalidade dos xogadores son novos e un equipo, o Calasanz, cun gran poderio técnico e físico, impúxose ao equipo local a base de bon fútbol e unha evidente superiodidade física que sobre todo mostrou na segunda parte, impoñéndose cun resultado de 0-3.

DSCF0367

O Calasanz é un equipo que conta cunha longa traxectoria dun magnífico traballo dende a base, onde os seus equipos destacan sempre por unha gran calidade técnica, e nestas categoria, cadete, onde o desarrollo físico dos xogadores é moi evidente, fai que sempre teñan equipos que riden a un gran nivel.

O Compostela, logo de todo o que pasou en anos anteriores, que o levou a súa desaparición, actualmente, é unha escola en construcción, que hai que darlle tempo para ver do que é capaz. Así é todo, o equipo cadete da SD Compostela ten que mellorar moito física e tácticamente para poder competir e manter a categoria e eso pasa por facer un bloque, xuntar as liñas, e aumentar a intensidade defensiva durante os 80 minutos que dura o partido. Seguro que o corpo técinico dá coa clave e a motivación para enfrentarse a un ano duro de traballo con rapaces que ainda teñen que explotar.

Val-do-Ullavictoria

E por último, no campo de O Coto, en Sta. Cruz de Rivadulla, sufrín a terceira derrota da xornada….partido de Xuvenís de Galega, entre a E. D. Val do Ulla e o Victoria C. F. ( A Coruña ).

O Val do Ulla, novato na categoria, enfrontouse a un dos equipos máis potentes da categoria, e cunha gran traxectoria ao longos dos anos no fútbol base. O Victoria CF pasa por ser dunhas das escolas de fútbol máis potentes de cantas hai na Galiza, cun traballo extraordinario na base, o que se reflexa nos seus equipos, en calesqueira que sexa a categoria que compita. Pola contra, a E. D. Val do Ulla é unha pequena escola do rural galego, que con máis ilusión que diñeiro, consegue uns grandes resultados deportivos. Con pouco máis dun centenar de nenos e nenas, ten a maior parte dos equipos en 1ª provincial, e neste caso, o equipo de xuvenís na categoria de galega, o cal é un gradísimo logro para unha escola humilde, pero que conta cunha gran capacidade humana e profesional, tanto no seu cadro ténico como directivo.

O partido rematou cun contundente 1-5 a favor do Victoria, pero o resultado non debe pasar por alto a entrega e a competitividade que mostrou o Val do Ulla, sobre todo no primer tempo, plantándolle cara en todo momento a un Victoria que mostrou ser un equipo potente, poderoso e arriba, letal, cun xogadores dun capacidade técnica e velocidade realmente de outro nivel.

DSCF0271

Ao final da xornada, o pior de todo, non foron as derrotas, nin moito menos, o pior foi a lesión de Álvaro Parra, xogador da SD Compostela, que logo de pasar 15 dias lesionado, retornaba á competición este sábado e volvia a caer lesionado logo dunha xogada totalmente desafortunada. As lesións forman parte deste deporte e sempre é unha mala noticia, pero hai que recuperarse e seguir adestrando. Volve pronto Álvaro.

DSCF0352

No fútbol, e supoño que en todos os deportes, a derrota forma parte da vida do deportista. É fácil saber gañar, pero non é doado saber perder, e é unha das leccións máis importantes que lles toca aprender aos xóvenes deportistas, adestradores/as e, como non, aos pais e nais que seguimos de perto aos nosos fillos e fillas.

DSCF0298

Ao longo da vida dos deportistas os triunfos e alegrias mistúranse, fin de semana si, fin de semana tamén, cos sinsabores, a frustación, a impotencia e a rabia da derrota. E é moi difícil pero necesario buscar o lado positivo das derrotas, analizar o por qué delas. A única maneira de mellorar a nivel individual e de equipo, é saber, respectar , estudar e admirar ao rival que foi superior. Intentar saber en que foi superior e así, saber como poder contrarrestar esa superioriodade no próximo enfrentamento. É o bo que ten o deporte, permite cada fin de semana intentar tomarse a “revancha”. Pero para iso, é moi importante adestrar con intensidade, con método, na búsqueda da mellora persoal para así poder axudar da mellor das maneiras ao teu equipo. Estamos a falar de fútbol base, de nenos e nenas, no que o triunfo non é, ou non debería ser o máis importante, se non que o fundametal é a progresión, a mellora individual e colectivamente do equipo, a nivel físico, técnico e táctico, e esa millora pasa por non desanimarse nunca, manter un espírito de superación, de motivación, de compañerismo no dia a dia dos adestramentos, para así, pouco a pouco, ao longo da tempada, ser cada vez un pouquiño mellor xogador ou deportista. Normalmente, ao final, os resultados van chegando, e cando se consigue o triunfo, este ten sabor insuperable.

DSCF0365

Así que xa sabedes, pequenos grandes deportistas, nunca baixedes os brazos e seguide adestrando con entusiasmo e ilusión, a pesares das derrotas, por que ao final, con traballo, sempre chegan as recompensas.