campeonato nacional de seleccións autonómicas sub-16 e sub 18 en Navarra 2015

No mes de Decembro celebrouse a 1ª fase do Campeonato Nacional de Seleccións Autonómicas sub-16 e sub-18 de Fútbol Femenino.

Para moitas destas xoves xogadoras foi unha primeira experiencia que a bon seguro nunca olvidarán, e para as máis “veteranas”, seguro que lles valeu para seguir medrando como futbolistas e para todas, seguro que foi unha honra vestir e defender a camiseta da selección galega. Así que parabéns a todas, polo traballo feito e ao corpo técnico polo ben que trataron ás rapazas.

Os  resultados non foron de todos satisfatorios, pero, baixo o meu punto de vista, quizás algo inxustos, xa que tanto a Sub-16 coma a sub-18 mereceron traer uns resultados mellores para a casa, e demostraron no terreo de xogo un alto nivel competitivo.

A Irmandinha Sub18 , no primeiro partido perdeu contra Navarra no minuto 90, logo de dominar e xogar case todo o partido no terreo de xogo das rivais. Pódese decir que Galicia puso o fútbol e Navarra o gol. E no partido contra as Illas Baleares, máis do mesmo. Dominio absoluto das nosas xogadoras pero que non obtivo a recompensa do gol, polo que tivéronse que contentar co empate. 1 punto de 6 que logo do visto no terreo de fútbol sabe a pouco, e deixa ás nosas sen posibilidades de pasar á fase final desta competición.

A Irmandinha pequena, a súb16, no primeiro partido perdeu contra Navarra dunha maneira, pódese decir, que inxusta, xa que as navarras aproveitaron o único erro defensivo que tivemos para poñerse por diante no marcador no minuto 15 aproximadamente do primeiro tempo ( e logo de que as nosas fallaran un penalti), e, a pesares de dominar e crear osasións de gol, non foron quen de conseguilo. Polo que o partido rematou cun 1-0 a favor das navarras. Contra as Illas Baleares, máis do mesmo en canto a xogo, xa que a Irmandinha dominou completamente á selección balear, pero non daba chegado o gol, cando a pouco para o remate, logo dunha gran xogada das nosas, conseguírono, estallando de alegria todas as xogadoras e o corpo técnico. Esta victoria dalle ás sub-16 a posibilidade de loitar para meterse na Final, na 2º fase do campeonato que se celebrará en Valencia no mes de Febreiro.

A modo de resumo, pódese decir que tanto a sub-18 como a sub-16 dispoñen de moi boas xogadoras, de unha gran calidade técnica e táctica, o que fai que sexan capaces de dominar os partidos, de darlle o “tempo” ou o ritmo que queren, pero que lles falta ( ou polo menos nesta fase ) sorte ou acerto cara o gol. Pero a bon seguro que chegará. Con traballo, confianza, as cousas saen. Noraboa a todas e a todos. Foi un placer poder disfrutar do bon fútbol destas xogadoras.

Deixovos aquí unhas poucas fotos que puiden facer en Navarra. Espero que as disfrutedes

 

 

Advertisements

Fútbol Base na comarca de Santiago Compostela

Son pai de un rapaz e dunha rapaza, que levan xogando ao fútbol dende os 5 anos.  Agora teñen 15 e 13 respectivamente. Así que son 10 anos levando, dia si, dia non, aos rapaces aos adestramentos e aos partidos, todas os fins de semana, durante 10 meses ao ano.

Non son especialmente observador, pero todo este tempo, algo aprendín, e, ainda que non vou descubrir a pólvora, nin falla que fai, si podo contar algunhas experiencias que creo relevantes, ben sexa por simpáticas, ou por tremendas, ou, mesmo por inquietudes formativas que me vexo na necesidade de compartir.  Sexa como sexa, este blog tan solo busca compartir paixón polo fútbol base, paixón polo deporte, polos nenos e nenas que o practican, e, por que non, un pouco de compaixón polos pais e nais sufridores deste grandes e magníficos deportistas.

DSCF0064Como todos sabedes, o fútbol profesional é un deporte de masas, que move moitísimos cartos e milleiros de persoas orredor del… pero algunha vez vos parastes a pensar na verdadeira dimensión que tén o fútbol base e o fútbol “amador”?

Neste primeiro post vouvos dar uns datos para situar a verdadeira dimensión do fútbol base e “amador”, na comarca de Compostela, que é a que mellor coñezo, pero que son perfectamente extrapolables a outras comarcas, au mesmo a Galiza enteira.

DSCF0083A nivel federativo, a comarca de Santiago, abrangue as comarcas do Barbanza, Noia, Xallas Sar, Ulla, Terras de Montes, Deza, Arzúa, Terras de Melide, ou Ordes. Orredor de 400.000 habitantes.

Dende Setembro ata ben finais de Maio, primeiros de Xuño, máis ou menos, xa que hai ligas que comenzan antes, en agosto, e outras que empezan máis tarde, outubro, e ligas que terminan antes, en Maio, e outras que terminan ben entrado Xuño, na comarca federativa de Compostela entran en xogo 215 clubs (datos da federación galega de fútbol, tempada 2014-2015), con un total de 930 equipos ( entran todas as categorias dende prebenxamíns ata “modestos” e os equipos de fútbol femenino e fútbol sala ), que se van a enfretan en múltiples categorias, durante casi que dez meses ao ano, chova, neve, xie ou faga sol.

DSCF0067

Cada semana, polo tanto, dispútanse uns 465 partidos. Dende o sábado ben cedo, pola mañán, ata o domingo ben entrada a noite. Isto quere decir, que aproximadamente, uns 13.000 xogadores disputan partidos, o seu deporte favorito, cada fin de semana.

E si pensamos no público ( pais e nais nas categorias de base, e afeccionados nas categorias superiores) que se desprazan a estes partidos, poñendo unha media de 50 persoas por partido, unhas 22.500 persoas disfrutan ou sufren cos seus equipos por todos os campos e pavillóns da comarca Compostelá.

Navia entrenando selección galega - 1629

Con istes datos, temos, que aproximadamente 90.000 espectadores acuden ao mes aos campos de fútbol da comarca, e que na tempada, son unhas 900.000 persoas. Espectaculares datos que nos dan unha dimensión real do que se move no deporte denominado “Rei”  por moitas persoas, e abofé que non lles falta razón. E todos istes datos sen contar cos partidos amistosos, trofeos de verán, ligas universitarias, etc, etc, etc.

O fútbol base e “amador” é ilusión, esforzo, emoción, é sentimento, é compañerismo, é traballo, formación, pero tamén é frustrante, duro, ás veces inxusto, pero por todo isto, é apaixoante.